A Cidade das Meigas

Catedral-de-Santiago-de-Compostela

As cidades son os libros que se escriben cos pés, dixo unha vez un ilustre poeta. Santiago é un deses grandes libros, que por moitas veces que sexan lidos, sempre esconden segredos entre as súas páxinas, ínfimos e inesgotables detalles que os fan verdadeiras obras de arte.

Santiago é un libro de pedra, de pétreas rúas e edificios, cheo de templos, do saber e do espírito. É un libro antigo, de misterio e bruxería, de luces e sombras, de promesas e anhelos. As súas pasaxes máis percorridas son as que xiran en torno á gran dama compostelá, que impoñente e fermosa, disputa o trono á súa compañeira parisiense.

Santiago é un libro, un libro perfumado coas apócemas e beberaxes das meigas e ilustrado coa música dunha gaita e o burbullar do vento que acaricia as árbores. Un libro gravado coa tinta do orgullo no corazón de todos os galegos.

Anuncios